lunes 17 de enero de 2011

O saber como castigo

Un Atlas coroa o barroco Pazo de Bendaña, na praza do Toural de Santigo de Compostela

O máis estrilente da historia mitolóxica de Atlas é que Zeus, despois de condenalo a soster eternamente a bóveda celeste, lle concedese unha sabiduría infinita para "ir levando a carga". Imaxino que este madridista primixenio é tamén dos que tentan insultar a Guardiola chamándolle filósofo. De tódolos xeitos hai que recoñecerlle a Zeus que o seu castigo inaugurou unha nova forma de ver o mundo, a cal foi ensaiada por múltiples disciplinas ao longo dos séculos, desde os primeiros compendios cartográficos até o propio concepto de Internet. Se algo define este novo coñecer, é a desmesura: o famoso mal de arquivo.

ATLAS. ¿Cómo llevar el mundo a cuestas? é unha interesante exposición no MNCARS que aborda estes asuntos, a partir do traballo do historiador da arte Aby Warburg. Foi a primeira vez que vin máis información na exposición que na sala cos libros de consulta ao final do percorrido.

O comisario, o filósofo Georges Didi-Huberman, fala aquí sobre ATLAS.