martes, 26 de junio de 2012

Like a rolling stone



É certo, sempre houbo moita pedra en Galicia. Fixéronse aquí, e seguirán a facerse, moitas cousas nese material. Sabémolo todos. Era necesario montar unha megaexposición para deixar constancia desta obviedade? Gallaecia Petrea podería ter sido unha boa entrada nun blog, ou un libriño curioso para turistas. Como estrea no Gaiás do Museo de Galicia resulta un proxecto tan excesivo nos seus custos coma exiguo conceptualmente.

Insisto: son cousas –nomeadamente obras de arte- feitas en pedra. E máis nada. Unha chilindrada monumental que lle debemos a todo un exército de seis comisarios e até 76 expertos dirixidos por Miguel Fernández-Cid, non se sabe se o home da ocorrencia ou un mandado do Cluster do Granito. Mellor non sacarlle punta á memorable frase pronunciada por Núñez Feijóo durante a inauguración: “Somos un pobo cunha faciana pétrea”.

Unha mostra sobre os usos da pedra en Galicia a min paréceme tan pertinente coma outra sobre a madeira en Escandinavia, ou sobre o mármore en Roma, ou sobre o petróleo en calquera cidade. Non digo que non teña o seu interese; no colexio todos fixemos murais ben paveros sobre canta materia prima hai na Terra. O asunto é se de veras precisamos...

Podes ler o artigo enteiro en Praza Pública

domingo, 3 de junio de 2012

Planeta Bankia

                                                                                                                                                                           
     "Melancholia xa era grande, mais comparado cos seus compañeiros de desfeita o planeta Bankia é monstruoso, e veremos se deixa de medrar. Máis que colisionar contra nós, parece que rematará devorándonos, igual que algún día fará o Sol cando se infle até xigante vermella. Todo se o Rescate non o remedia. Ese Leviatán que tarde ou cedo sempre chega da correa de Alemaña preséntasenos como culminación dun camiño ao abismo e á vez inicio de algo aínda máis catastrófico. Pero falemos claro: queremos que aconteza. Queremos ese espectáculo como nos prestaría ver xente arruinada na bolsa botándose dende as azoteas igual ca no 29.

     Hai tempo que escoitamos as noticias entregados a... "

Podes ler o artigo completo aquí