É certo, sempre houbo moita pedra en Galicia. Fixéronse aquí, e
seguirán a facerse, moitas cousas nese material. Sabémolo todos. Era
necesario montar unha megaexposición para deixar constancia desta
obviedade?
Gallaecia Petrea
podería ter sido unha boa entrada nun blog, ou un libriño curioso para
turistas. Como estrea no Gaiás do Museo de Galicia resulta un proxecto
tan excesivo nos seus custos coma exiguo conceptualmente.
Insisto: son cousas –nomeadamente obras de arte- feitas en pedra. E
máis nada. Unha chilindrada monumental que lle debemos a todo un
exército de seis comisarios e até 76 expertos dirixidos por Miguel
Fernández-Cid, non se sabe se o home da ocorrencia ou un mandado do
Cluster do Granito. Mellor non sacarlle punta á memorable frase pronunciada por Núñez Feijóo durante a inauguración:
“Somos un pobo cunha faciana pétrea”.
Unha mostra sobre os usos da pedra en Galicia a min paréceme tan
pertinente coma outra sobre a madeira en Escandinavia, ou sobre o
mármore en Roma, ou sobre o petróleo en calquera cidade. Non digo que
non teña o seu interese; no colexio todos fixemos murais ben paveros
sobre canta materia prima hai na Terra. O asunto é se de veras
precisamos...
Podes ler o artigo enteiro en
Praza Pública