domingo, 22 de marzo de 2009

Giro feminista

La cabecera de ARTELLANDO, antes.

Los interesantes comentarios de una lectora perspicaz me han decidido a darle este lavado de cara feminista al blog. He sustituido la imagen de la performance protagonizada por Marcel Duchamp y Eve Babitz por la relectura que de ella hizo Elena del Rivero. Para quien quiera saber más sobre las conexiones entre una y otra obra recomiendo este interesante artículo de Juan Antonio Ramírez.

8 comentarios:

Blanca Oraa Moyua dijo...

Interesantísimo el giro que has dado a tu blog, me está poniendo algunas ideas en órden.

Olalla dijo...

Moito mellor, pero eu non o entendo como un xiro feminista, sinxelamente o vexo como unha abertura a un lugar de relación común, onde, as diferencias de xénero non implican desigualdades, senón que posibilitan a complexidade e a riqueza que esta pode aportar.

Paréceme que a reinterpretación de elena del rivero é unha resposta moi sutil pero moi aguda, na que amosa un xiro de pensamento ben tanxible. Desde a muller anónima reclama os espacios de relación como lugares de igualdade (desde a diversidade) e, esquecéndose da relevancia do “xenio” persoal, representa nela mesma a tódalas mulleres para invitar a calquera persoa a participar na obra desde a igualdade, e transferíndolle o protagonismo. E máis, penso que invita a desprazar non a figura de duchamp en sí, senón a todo o que representa.

Rubén dijo...

Muchas gracias, Blanca. Me alegra leerte de nuevo por aquí.

Tosta mista: ti mellor que ninguén sabes o que significa este xiro. Por suposto que non é unha "conversión"; significa, como dis, engadirlle outro enfoque máis. Sobre iso de que "as diferenzas de xénero non implican desigualdades" xa falaremos aquí algún día; eu na miña liña antiesencialista estou con xente como Judith Butler e a súa idea das identidades en constante construción. Por certo: tema moi presente na arte contemporánea.

Concordo tamén -é evidente- con que a apropiación que fai Elena del Rivero significa un desprazamento do tótem Duchamp,; penso que esa é unha das cousas ben interesantes da obra.

Outra é, á baila de rifas mantidas hai pouco noutros sitios, que todo este xogo de referencias cruzadas supón a demostración de que a arte contemporánea non é só o espazo dos estafadores; unha artista pode perfectamente darlle a volta de xeito radical a unha figura fundamental da historia (Duchamp) sen que isto signifique para nada faltarlle ao respecto artísticamente.

Para rematar, non sei que pensaredes vos, Blanca e Tosta mista: na miña opinión a análise de Juan Antonio Ramírez completa un circuito "obra referencial-obra cuestionadora-crítica" de moitísimo nivel, e que dá para múltiples lecturas. Oxalá toda a arte contemporánea se fixese deste xeito!

Anónimo dijo...

Impresionante, preciosa la versión del "Duchamp" de Elena del Rivero.

Olalla dijo...

Un matiz: eu non dixen que as diferenzas de xénero non impliquen desigualdades, senón que non teñen porque implicalas. E iso depende dos xeitos de relacións sociais e culturais que construamos.

No referente a análise de juan antonio ramirez, eu non concordo de todo coa interpretación que fai, pero paréceme moi interesante o intento de abordar en conxunto ambalas dúas obras, resaltando a dialéctica que abre elena del rivero ao deixar lugar para a reflexión e a construcción persoal de cadaquén. Non hai nada establecido, ainda todo está por (de/re)construir, cada relación, cada xeito de ollar…

Rubén Pardiñas dijo...

http://www.youtube.com/watch?v=Q50nQUGiI3s&feature=PlayList&p=8B2CCEDB8AA30111&playnext=1&playnext_from=PL&index=10

Quiballa dijo...

No entiendo demasiado por qué una mujer desnuda jugando al ajedrez es menos "feminista" que otra vestida cosiendo. Si acaso me parece menos ofensiva la mujer desnuda, porque las mujeres no sólo sabemos coser, fregar, follar. También valemos para jugar al ajedrez.

Me llamo María Iglesias López, tengo 36 años, y trabajo como dependienta a falta de otro trabajo mejor. Soy de Narón (A Coruña) y firmo como Quiballa.

Pero aún así, aunque ya no sea "anónima" me siguen haciendo mucha gracia algunas cosas, como esto del feminismo entendido de un modo tan simple y tópico.

Rubén dijo...

Sólo puedo decir que el artículo de Ramírez enlazado en el post es, si se lee con atención, esclarecedor sobre la vuelta de tuerca que Del Rivero efectúa sobre el "original duchampiano".